Fonmiñá

Noticias

Galería

Ciclos

Enlaces

SAUDA

Ansias de cine


Notámolo na rúa, no traballo, nos medios. Notamos que a Semana de Cine de Lugo ten xa provocado unha necesidade, unha querencia, unha ansia. E así, aínda que a Semana se celebra tradicionalmente no mes de setembro, desde que chega a primavera xa nos preguntan pola Semana de Cine.
Pois aquí está a semana que fai o número XXIX das que Fonmiñá ofrece a Lugo, de xeito xeral, e a tódolos cinéfilos en particular.
Agora, no remate do verán, cando as vacacións comezan a ser unha lembranza pero aínda Lugo non estoupou en festas, chegamos os de Fonmiñá coa Semana de Cine de Lugo.
Coma sempre, agradecidos ás institucións e ós lucenses; a unhas, polo seu permanente apoio, ós outros polo entusiasmo, pola asistencia, pola constancia e pola ansia.
Nós tamén temos ansia de compracer, de acertar, de programar de xeito que colmemos expectacións, afeccións, ansias. E así unha ansia compensa outra e todos contentos porque en definitiva nos queda o cine que cada día forma parte das nosas vidas dunha forma máis entrañable e permanente.
Felices días de cine, Lugo!. E que todos o vexamos.

Xulio Xiz,
Presidente de Fonmiñá