Novas

  • A XXXI Semana de Cine de Lugo que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, rendeu homenaxe ó club de voleibol Emevé na persoa do seu presidente José Francisco Bouza, que recibiu unha placa no nome dos cinéfilos lucense proclamando que “todos somos Emevé”.

  • semana de cine 2009A homenaxe ó actor galego Eduardo Fajardo, abríu na noite do luns a XXXI Semana de Cine de Lugo, que ata o próximo sábado ofrecerá máis de medio cento de películas a un público entregado que conta con que setembro é un mes cinematográfico para a capital da provincia lucense.

  •   Esta mañá, na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, quedou aberta a exposición homenaxe a EDUARDO FAJARDO, dentro dos actos previstos na XXXI SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO.          

  •     Despedida de Eduardo Fajardo de LugoO actor Eduardo Fajardo despediuse da Semana de cine e do público lucense inmediatamente antes da sesión oficial do pasado xoves. O veterano actor agradeceu ó público lucense e a Fonmiñá as súas atencións, e demostrou conservar as súas excelentes cualidades de actor recitando un Romance español que adoitaba recitar en México  nos anos cincuenta e sesenta.