El Valenciano Martín Fores Sanz es el ganador del Concurso convocado por el Grupo
Fotocinematográfico Fonmiñá para elegir el cartel anunciador de la XXXII Semana Internacional de cine de Autor de Lugo.
O actor Eduardo Fajardo despediuse da Semana de cine e do público lucense inmediatamente antes da sesión oficial do pasado xoves. O veterano actor agradeceu ó público lucense e a Fonmiñá as súas atencións, e demostrou conservar as súas excelentes cualidades de actor recitando un Romance español que adoitaba recitar en México nos anos cincuenta e sesenta.
Esta mañá, na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo, quedou aberta a exposición homenaxe a EDUARDO FAJARDO, dentro dos actos previstos na XXXI SEMANA INTERNACIONAL DE CINE DE AUTOR DE LUGO.
A homenaxe ó actor galego Eduardo Fajardo, abríu na noite do luns a XXXI Semana de Cine de Lugo, que ata o próximo sábado ofrecerá máis de medio cento de películas a un público entregado que conta con que setembro é un mes cinematográfico para a capital da provincia lucense.
A XXXI Semana de Cine de Lugo que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, rendeu homenaxe ó club de voleibol Emevé na persoa do seu presidente José Francisco Bouza, que recibiu unha placa no nome dos cinéfilos lucense proclamando que “todos somos Emevé”.